InicioA CORUÑAA Xunta ve carente de "contido" a petición da Coruña para declarar...

A Xunta ve carente de “contido” a petición da Coruña para declarar “zona tensionada” a cidade polo aluguer

Publicada o

Por europapress

A semana pasada o Concello da Coruña solicitaba á Xunta que tentase controlar os prezos dos alugueiros na cidade, a través da declaracipm da zona como “mercado tensionado”.

Esta mañá de 9 de setembro, a Xunta trasladou ao Concello da Coruña que a súa solicitude “carece de contido”. Así o informa tras unha reunión do director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Heriberto García, co concelleiro de Urbanismmo, Francisco Dinís.

Nun comunicado, sinala que lle trasladou ao edil que “o escrito presentado polo Concello a semana pasada carece de contido ao tratarse dunha mera solicitude e ao non estar acompañado de ningún estudo”.

En concreto, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda incide, en base ao trasladado, en que é a Administración local a que “debe presentar un informe detallado que acredite a súa conveniencia e facer a declaración correspondente, tal e como establece a lei”.

Isto trasladoullo o director xeral do IGVS nun encontro no que a Xunta presentou ao Concello da Coruña a proposta de modificación da normativa urbanística para destinar a uso residencial dúas parcelas previstas actualmente para oficinas, co obxectivo de permitir a construción de 500 vivendas protexidas máis, na zona de Xuxán.

ÚLTIMAS

Retencións na Coruña nunha nova protesta das mariscadoras da ría do Burgo

Mariscadores da ría do Burgo secundaron este venres unha nova protesta con corte de tráfico...

As familias do Graxal mobilízanse mentres o Concello adxudica o contrato de emerxencia sanitaria

Dende comezos de curso, pero sobre todo dende xaneiro, a problemática coa limpeza no...

A realidade perfila o comprometido programa da nova edición da Rede Acampa

Queda menos para o VIII Encontro Internacional Acampa pola Paz 2024, que se desenvolverá...

Inditex, entre as mellores empresas para traballar no Estado segundo Randstad

A consultora Randstad presentou este venres un informe que recolle ás 17 mellores empresas para...